
Podes baixar un Zip de 108 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:
Noise Project - Asuntos que se resolven co tempo (2010).zip
- B
- Sempre me toca ser poli
- Que se pare o mundo cando me dea o sol
- A madalena
- Amok
- A casa do ancián
- Morte e destrución
- Gin tonic con Ali Agca
- Concerto de disfraces
- C
- Golfiños
- Deus
- ρ
![]() | Este disco tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en CD en A REGUEIFA TENDA, tendas de discos tradicionais e grandes superficies. Tamén está disponible enItunes. |
NOISE PROJECT - Asuntos que se resolven co tempo (2010)
A vocación vangardista vencellada ao compromiso coa nosa língua tivo dous referentes indiscutíbeis na historia da nosa música: a finais dos 70 cos composteláns N.H.U. e nos 80 con Os Resentidos de Antón Reixa. Nestas coordenadas sitúanse Noise Project, un sexteto de Valga que se move entre o post-rock e a querencia máis desacomplexada polo noise. Os seus referentes van dende Sonic Youth a Pavement, pasando por Mogwai, Explosions in the Sky, Godspeed You Black Emperor!, The Jesus & Mary Chain, o shoegaze ou os propios N.H.U.
BIO
No 2010 telonean a Piano Magic e publícase o disco “Asuntos que se resolven co tempo”, gravado no Estudio Círculo Polar (Ogrove), que presentan nunha xira conxunta co grupo Mequetrefe.
Contacto:noise-project@hotmail.com
Myspace: http://www.myspace.com/noiseproject
Todos os temas compostos por Noise Project. Gravado nos estudos Círculo Polar do Grove. Deseño da capa de Fran Devesa
