Podes baixar un Zip de 69 Mb co disco enteiro en mp3 coa seguinte ligazón:

"Anda-lh'à Lus é andar aceso no intre exacto. Iso mesmo é. A idea orixinal xurdiu no verán pasado, no 2009, cousa que agromou e medrou no mes de outubro logo dun encontro en Madride. Os sons de arredore son os protagonistas das luzadas que compoñen a iluminación das ideas. Sons do ambiente e verbas nativas sen aparente senso antre elas, fican esconxuntadas e xunguidas. A escena presencial ou lugar é a mesma fonte inspiradora que dá a enerxía para acender o cadro de luces que compón e debulla o entrenzado sonoro. Deixarse inspirar e aproveitar a luz das ideas xera un tecido que muda deica unha tea polo vieiro do veço. Teas desomellantes e defincideiras que ambientan un espazo mouro, ruín, iluminando somentes o curruncho musical perciso e exauto. Sintetizadores analóxicos, instrumentación virtual e algunha guitarra bouran na al-Jaima do deserto das consciencias. Daille!"
Xabier do Anxeliño: Hardware, Software, guitarra e gaita.
Moncho de Lucas: Deseño, ambientación e voz.
Contacto: andalhalus@gmail.com
Xabier do Anxeliño: Hardware, Software, guitarra e gaita.
Moncho de Lucas: Deseño, ambientación e voz.
Contacto: andalhalus@gmail.com